Iria A Feiticeira, nada en Londres no 1979, leva dende os cinco anos no mundo da danza, música e artes escenográficas. Seus pais pronto advertiron o seu talento e a matricularon na Escola de Ballet Hannelore. Dende entón Iria estudou ballet, música, danza contemporánea, danzas polinesias, Bollywood, Bhangra, danza africana, artes escenográficas, Tai Chi, Tae Kwondo, Aikido, Ioga, na procura do arte e grazas ao seu talento no debuxo estudiou pintura,na búsqueda da comprensión do funcionemento do aparello locomotor, |
|
estudou masaxe Tui Na, reflesoloxía podal, vendaxe funcional, masaxe deportivo, auriculopuntura e drenaxe linfático, acupuntura, estudou estética e perruquería aplicándoa en cada espectáculo, estivo no equipo de Natación Sincronizada Real Club Nautico de Vigo chegando a alcanzar un 4º posto a nivel de España e un 1º posto a nivel Galaico-Portugués,tamén acadou o 1º posto nos Masters Galegos,…e por suposto,tamén estudou plenamente, danza Oriental, con tódalas súas vertientes e variantes. Tras estudar distintas disciplinas, no ano 2000 comezou a profundizar no arte milenario das danzas orientais, aprendendo así técnicas de uso de velo, crótalos, douff, candelabro, bastón, voltas sufi,ás de Isis, sabre, percusión…Con mestras tan recoñecidas coma Devorah Korek,ca cal obtivo o Certificado coma mestra en Danza Oriental do método e Escola Sarabi; Munique Neith, Dulce Ayala,Rachida, Eva Chacón, Lesya Starr, Carolina Grandela, Aith Vera, etc; que tiveron tanta influencia no estilo persoal de Iria . Estas técnicas e coreografías que leva transmitindo a@s seus alumn@s dende o ano 2003 ( en Vigo, Vilagarcía , Ourense, Lugo , Santiago de Compostela, Barcelona, ...), son da súa creación, coma as que realizou para a televisión, desfiles e escenarios. Contratada por compañías coma Daemonium, nas que creou unha fusión entre música medieval galega e oriental, cas Darbukas Dacolá, para a FEDA Ourense, chamada para debutar para galas benéficas coma Intermón, reclamada por Restaurantes Orientais, Colexios, Estudos, Concellos, etc. Iria leva impartindo Intensivos tanto de Danza Oriental coma de Danza Polinesia por Galiza a Compañas , escolas, federacións,...; traballando ca compañía de artes escenográficas Artmonium,tanto coma bailarina solista,en grupo e coma actriz; Prestando seus servizos para Concellos en calidade de mestra e /ou bailarina; sendo entrevistada pola TVG, e bailando para esta; e,reclamados seus servizos para ser fuente oral na biblioteca do Conservatorio Superior María de Ávila; mencionada en Coloquios sobre a Danza Oriental, ata aparecendo coma unha das máis célebres bailarinas no Día Internacional da Danza Oriental e nos xornais (coma na portada da Voz de Galicia ).
Compaxinando súa carreira coma bailarina, coreógrafa, e directora dunha prometedora compaña de danza creada por ela mesma ( As Feiticeiras ), cos entrenamentos de súas equipas de natación sincronizada, ca formación nos seus primeiros pasos de ballet a cativ@s e a introducción e perfección no enigmático mundo da danza oriental e outras disciplinas en talleres e clases regulares a alumn@s de tódalas idades con desexos e ganas de mover a enerxía interior e liberar á Deusa/Deus, que tod@s levamos dentro.
Con outros grandes profesionais da danza, traballa formando nov@s mestres na Danza Oriental con AGAF e expandidno á danza canda 4dance.es.
Todo isto fai de Iria unha gran profesional volcada nesta disciplina. www.asfeiticeiras.com http://asfeiticeiras.blogspot.com/
|