|
O nacemento da danza Oriental ou Raks Sharki |
|
|
|
|
Martes, 19 Maio 2009 18:07 |
Parece que o punto en común de historiadores,é que a danza oriental é o produto da unión entre mulleres, para axudarse e compartir coñecementos á hora de levar a bo término o parto, unha das milagres máis fantánticas a par ue aterradoras para unha muller. Relaxacións e movementos abdominais e pélvicos sumado á música deron paso a ritos en tributo a Isis, a gran deusa Nai do antigo Exipto , polas sacerdotisas do templo. | |  | | Isis filla de Gueb e de Nut, esposa e irmá de Osiris e nai de Horus. Representa á lúa chea, símbolo do feminino, da fertilidade. Na súa coroa porta un trono, onde o poder asenta e é protexido, como unha nai protexe a seu fill@ . Deusa Nai protectora d@s nen@s e da familia. Representada en múltiples ocasións co seu fillo amantado entre seus brazos, adorada e venerada coma deusa nai , pensando inclusive que é o cosmos e dentro dela , nos achamos arropad@s . Tal forza e seguimento tivo a Gran Deusa, Deusa Maga , Deusa Nai ; que outras relixións adoptaron súa imaxe coma propia , coma por exemplo a virxe María e o neno Xesús , da relixión católica. Apareceron en antigos papiros imaxes de sacerdotisas bailando con grandes as de tea ; representando á divineidade . Pénsase que algunha bailarinas son tocadas pola deusa Isis , tendo o privilexio de seren encarnadas durante á danza pola propia deusa , mostrándose así ante os ollos d@s mortais. | |
|